11 marzo 2021

GALAXIA ETRAD. O mestre de gaita, Xaquín Xesteira en concerto con "Os Xesteira. Domingo 14 de marzo. 18:00 h. Auditorio do CVC de Valadares. Entrada de balde previa reserva.

O mestre de gaita da ETRAD, Xaquín Xesteira, toca este vindeiro domigo 14 de marzo co trío "Os Xesteira" (Anxo e Roi Xesteira), no Auditorio do CVC de Valadares. A música que esta formación ofrece ao público este domingo, día 14 de marzo ás 18 hrs. no C.V.C. de Valadares, ten como fío conductor as melodías da música patrimonial e de transmisión oral do noso país, sustentadas, neste caso, polo piano, acordeón, bombardino e a gaita; facendo un percorrido por sensacións que están relacionadas con diferentes lugares da  geografía. O trío, comparte palco con Zurrumalla dentro da 9ª edición do Memorial Moxenas.

As entradas son de balde mais é preciso reservar no teléfono: 986 467053 ou na Web: www.valladares.tv 

Coñece máis sobre Os Xesteira, de Cambados


A súa música está sustentada nunha base harmónica a cargo do acordeón e o bombardino, perfilada coa melodía de gaita. A versatilidade do bombardino que, como instrumento dunha tesitura grave, tanto realiza sonoridade de base

harmónica como tamén pode extraer a melodía máis bulideira, aporta unha tímbrica pouco empregada nas formacións que teñen como base do seu repertorio a nosa música tradicional.


Anxo Xesteira: Acordeón, piano, voz e percusión.

Roi Xesteira: Bombardino, trombón, trompa (arpa de boca), voz e

percusión

Xaquín Xesteira: Gaita, ocarina, trompa (arpa de boca), voz e

percusión.


ANXO XESTEIRA, músico multi instrumentista que neste momento forma parte do grupo TREIXADURA, grupo de Gaitas OS XEITOSIÑOS; tamén do grupo de canción galega ONTE E HOXE; foi compoñente das BANDAS DE MÚSICA:  DE CASTRELO e MUNICIPAL DE RIBADUMIA como percusionista e gaiteiro; membro do desaparecido grupo CABINA 402, como baterista e voz; colaborou con XOÁN SILVA E BLAS, TREIXADURA, SONDESEU, OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA, na gravación de MANSO E AMIGOS e coa BANDAS: UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO e MUNICIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. Na actualidade ostenta o grao profesional de ACORDEÓN.


ROI XESTEIRA, músico multi instrumentista que é compoñente do grupo TREIXADURA, grupo de gaitas OS XEITOSIÑOS; vocalista e guitarra no grupo TREBOADA ROCK; é bombardinista da BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE RIBADUMIA; foi compoñente da BANDA DE MÚSICA DE CASTRELO, primeiro como percusionista, gaiteiro, e logo bombardinista; ten colaborado tamén cos grupos TREIXADURA, OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA, SONDESEU, na gravación de MANSO E AMIGOS e as Bandas: GALICIA BRASS BAND, BANDA ARTÍSTICA DE ARCADE, BANDA DE MÚSICA DE SANXENXO, BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE BARRO, UNIÓN MUSICAL DE LANTAÑO e MUNICIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. Na actualidade estuda grao profesional de TUBA no Conservatorio Profesional de Música "Manuel Quiroga" de Pontevedra.


XAQUÍN XESTEIRA

Desenvolve a súa principal actividade como:

Mestre de Gaita da ETRAD, Escola de Música Tradicional e Folk do Concello de Vigo dende o ano 1996.

Membro co-fundador do grupo TREIXADURA.

Gaiteiro do grupo OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA

Director do Coro Histórico CANTIGAS E AGARIMOS, de Santiago de Compostela.

Director das seccións de Gaita e Percusión de SONDESEU OFG, donde tamén é Presidente da FUNDACIÓN SONDESEU

 Tamén formou parte da Banda de Música de Castrelo de Cambados dende o ano 2003 ao 2015 como oboísta e gaiteiro.

No ano 2007 publica o MÉTODO DE GAITA GALEGA I e MÉTODO DE GAITA GALEGA II coa editorial Edicións do Cumio.

Colaborou artísticamente en gravacións e concertos, como gaiteiro ou percusionista, con grupos como: - Milladoiro- Na Lúa- Fuxan os ventos- Rodrigo Romaní- Orquestra Sinfónica da Radio Televisión Irlandesa- Revenidas, de Vilaxoán- Pallamallada- Abertal, de A Rúa de Valdeorras- Astarot- Malvela-Batuko Tabanka- Pedraquetiña- Brañas Folk, e coas Bandas de Música:- Agrupación Musical do Rosal- Banda Municipal de Vilagarcía de Arousa- Banda Municipal de Ribadumia- Unión Musical de Coruxo (Vigo)- Banda Municipal de Santiago de Compostela.





Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego