09 abril 2021

GALAXIA ETRAD. FIXE TRÍO, o novo proxecto da mestra de Música e Movemento, Xela Conde, avanza na campaña de VERKAMI do seu 1º EP: SEMPRE FIXE


FIXE TRÍO, o novo proxecto musical da mestra de Música e Movemento da ETRAD, Xela Conde, ultima a saída do seu EP: Sempre Fixe. Para este traballo, o trío no que tamén están Blanca Marigómez e Joel Fontán,
contou co mestre Xosé Liz durante o proceso de gravación e nas mesturas.

Para levar adiante este proxecto, FIXE TRÍO abriu unha campaña de crowdfunding na plataforma VERKAMI da que vos deixamos o seguinte enlace por se queredes colaborar:


Máis sobre FIXE TRÍO:
Fixe Trío son cancións do mundo, unha viaxe atlántica a través dun universo de composicións orixinais e temas populares arranxados e interpretados por este trío musical que consegue ter un son propio.
Este proxecto nace da vontade de xerar un espazo onde poder expresar inquedanzas e desexos a través da música. Veñen de ámbitos culturais diversos e comparten a idea da música como canle de expresión e comunicación libre e transgresora.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego