23 xuño 2021

EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2020-2021. ETRAD ZANFONA ENSEMBLE en concerto. Xardíns da Praza de Compostela, Vigo. Sábado 26/06/21. 20:00hs.



 A pesares das dificultades derivadas da pandemia, na ETRAD chegamos ao final de curso cunha máis que interesante actividade escénica das nosas formacións.

Se o sábado era a Orquestra SonDeSeu quen tocaba por primeira vez despois de ano e medio de parada obrigada en Bembrive, e o domingo o Conxunto Instrumental de 2º de Avanzado: Os Alicornios, quen finalizaban de xeito brillante a súa xira de concertos de maio e xuño, será neste caso a Aula Aberta de Zanfona quen tome o relevo.

Baixo o nome de ETRAD ZANFONA ENSEMBLE, a Aula Aberta de zanfona da ETRADVIGO pasa por ser a formación estable de zanfonas máis numerosa do país, ofrecendo dende hai tres anos concertos centrados no repertorio tradicional galego e de compositores e folclores que teñen a zanfona como elemento común.

O vindeiro sábado a ETRAD Zanfona Ensemble estará nos xardíns da Praza de Compostela a partires das 20:00 hs,, dentro do ciclo de concertos organizados pola Federación de Comercio de Vigo e patrocinados pola Concellería de Comercio do Concello de Vigo.

ETRAD ZANFONA ENSEMBLE en concerto.

Xardíns da Praza de Compostela, Vigo. 

Sábado 26/06/21. 

20:00hs.

Os/as asistentes aos actos cumprirán a vixente normativa de prevención de contaxios da Covid-19, adoptando as medidas precisas e gardando a distancia mínima interpersoal.



Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego