01 setembro 2021

GALAXIA ETRAD 2021/22. Xaquín Xesteira co trío OS XESTEIRA, sábado 04/O9/21. Cambados. Praza de Fefiñáns. 20hs. Entrada de balde previa reserva.

 


O noso mestre de Gaita, Xaquín Xesteira, actuará este vindeiro sábado 04 de setembro de 2021 co trío OS XESTEIRA, que conforma xunto cos seus fillos Anxo e Roi.


O concerto terá lugar no seu pobo natal, Cambados, na Praza de Fefiñáns ás 20 hrs. e enmárcase dentro da programación de "Albariño no Camiño 2021" no ciclo Os camiños da música. Este é o título escollido para o programa de actividades que se vai desenvolver os días 3, 4 e 5 de setembro na vila de Cambados baixo o fío condutor que proporciona a alianza entre o albariño, a cultura e a historia ligada ao fenómeno xacobeo. Porque, aínda que é algo descoñecido para o gran público, Cambados ten unha importante tradición xacobea que se plasma nos camiños reais e os hospitais para peregrinos que houbo na vila.

As entradas son gratuítas e poden reservarse e recollerse  na biblioteca municipal Luis Rei, a través do correo biblioteca@cambados.es e o teléfono 986 520 008. Para os concertos instalaranse 500 cadeiras, que será o límite de aforo sentados.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego