16 febreiro 2022

GALAXIA ETRAD 2022. Xisco Feijoó presenta PEIXE con Carlos Quintá, Xosé Liz e Tanxugueiras. Sala Capitol de Compostela. Domingo 20/Feb. 20:15.

 Logo do seu paso polo programa Luar da TVG o pasado venres 11/Feb, o mestre de canto da ETRAD, Xisco Feijoó presentará o seu CD PEIXE o vindeiro domingo 20/Feb dende as 20:15 na Sala Capitol de Compostela, cunha nutrida banda e un bo feixe de amigas e amigos entre os que se atopan os tamén mestres da ETRAD, Xosé Liz e Carlos Quintá amáis das célebres integrantes de Tanxugueiras.


Podedes reservar as entradas no seguinte enlace:

Entradas: https://www.enterticket.es/.../xisco-feijoo-presenta...


Xisco Feijoó presenta PEIXE.

Sala Capitol de Compostela.

Domingo 20/Feb. 20:15.


Sobre Xisco Feijoo e PEIXE:

Xisco Feijoó, (Francisco Javier Feijoó Álvarez), presenta”PEIXE”, trátase dunha proposta fresca, dunha realidade que aglutina toda unha carreira dentro da música tradicional vista dende unha perspectiva actual.

É como vexo o que fun e o que son", incluso como observo o que sentín, do xeito no que o sentín, as pegadas que quedaron e o que hoxe sinto cando percorro as sinais que todo iso ten deixado no meu ser". Xisco Feijoó.

Desta vez Xisco será o protagonista deste proxecto, un disco con moita forza e ímpetu, un traballo en compañía do produtor e magnífico mestre Carlos Quintá que aderezou con armonías e fermosos arranxos o servizo de noso sabor tradicional e sempre dende unha visión contemporánea e moderna.

PEIXE érguese como un paso mais na extensa carreira musical de Xisco Feijoó, que comezou, como di o propio Xisco, cando seu pai Pepín "O Feijoó" lle puxo a gaita de Canoto ó lombo, na aldea de Sistindomato, nas terras de Sober e nd casa de Helena, a súa salvadora.

PEIXE está preñado da esencia mais fonda da música tradicional, vista dende unha mirada contemporánea e interpretada dende a modernidade e dende a visión do século XXI dominado polas novas tecnoloxías pero onde respétanse e valóranse con emocionante orgullo as orixes e tradicións máis puras e ancestrais.

PEIXE fala de todo aquilo que queremos ser e non somos... E de aquelo que somos e non desexamos.

PEIXE fala da súa aceptación con horizontalidade deixando ben atrás a resignación.

PEIXE é entender que entre nos ata onde alcanza a mirada non hai peixeira que nos encerre.

PEIXE somos cada un de nos, únicos e irrepetibles.

PEIXE é o sono dun e de todos. Eso é PEIXE.


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego