22 marzo 2022

GALAXIA ETRAD. O mestre de violín Alfonso Franco e a A.C. Galicia Fiddle presentan o libro-CD "A Canteira". Biblioteca da EMAO. Xoves 24 MAR. 20:00hs.


O vindeiro xoves 24 de marzo ás 20:00 hs. preséntase na Biblioteca da EMAO o libro-CD "A CANTEIRA", a segunda produción discográfica  na A.C. Galicia Fiddle, dirixida polo mestre de violín da ETRAD, Alfonso Franco.

Como o seu nome indica, neste álbum danse cita a nova xeración de violinistas que medraron ao abeiro dos cursos de verán de San Simón Fiddle e da actividade docente da propia ETRAD.

Con arranxos dos mestres que participan no San Simón Fiddle, este traballo está chamado a convertirse nun referente para a comunidade galega do violín folk.

A bo seguro haberá moita música nesta presentacións. Non vola perdades!

- Presentación do libro-CD: A CANTEIRA

- Presenta: ALFONSO FRANCO

- XOVES 24 DE MARZO

- 20:00 h

 - Biblioteca da  Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego