01 xuño 2022

EXTRAESCOLARES ETRAD 2021-22. O MESTRE ANXO PINTOS E O ETRAD ZANFONA ENSEMBLE NO II CELME DE ZANFONA. LUGO 4-5/XUÑO.


 Lugo convértese a primeira fin de semana de xuño no epicentro ds zanfona do noso pais. desde o venres 3  ata o domingo 5 de xuño van suceder as táboas redondas, aulas maxistrais e concertos dos mestres e as Aulas de Zanfona de toda Galicia.

A Aula de Zanfona da ETRAD estará representada polo ETRAD Zanfona Ensemble facendo un concerto de palco nunca das Prazas do Casco Vello de Lugo ás 19:00H o sábado 4. O domingo 5, participa desde as 13H no Encontro de Escolas de Zanfona finalizando a súa participación tocando conxuntamente co resto de escolas participantes un par de temas.

Por outra banda, o mestre de zanfona, Anxo Pintos, está convidado a participar nunha táboa redonda baixo o título: Recursos e necesidades. Métodos, repertorio, arranxos e novas composicións. Na táboa, Anxo estará acompañado por Germán Díaz, Bruno Villamor, Pedro Pascual e öscar Fernández. Modera, Mauro Sanín.

O encontro de zanfona conta co patrocinio da Deputación e o Concello de Lugo.

ETRAD ZANFONA ENSEMBLE NO II CELME DE ZANFONA. 

LUGO 

4 XUÑO 19:00h Concerto de Palco no Casco Histórico

5 XUÑO 13:00h Encontro de escolas de Zanfona no Casco Histórico

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego