15 xuño 2022

EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2021-22. CONCERTO DE DARTE NA ETRAD. CONXUNTO 2 DE AVANZADO. AUDITORIO MILLADOIRO. MÉR.15 XUÑO. 20:30HS.

 

DARTE, o conxunto de 2º de Avanzado da ETRAD celebra o seu concerto da ETRAD o vindeiro mércores 15 de xuño ás 20:30. Será o penúltimo dentro da xira que iniciaron a finais de marzo e que se prolongará ata a derradeira semana de xuño. Non volo perdades!!!

DARTE é o grupo de música folk, resultado dos dous anos de formación dos seus membros na asignatura de Conxunto Instrumental impartida na ETRAD, a Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional, dentro do Itinerario Avanzado.

Ao longo destes dous anos, xs músicxs da banda, elaboraron un repertorio centrado na recreación e reelaboración de músicas de tradición galega sendo permeabeis tamén á fusión de estilos entre músicas de raíz europeas e outros tan equidistantes como o Pop, o Rock ou o clásico. O resultado conforma unha posta en escea chea de intres bailables, convertendo a experiencia nunha viaxe inzada de paisaxes sonoras que van do lírico ao telúrico con miradoiros nos que parar a escoitar a beleza agochada nos timbres puros. 
O FOLK-TRAD de DARTE semella querer aportar en ocasións, un reflexivo ponto de vista afincado nas antípodas do evidente. Foi por isto que quizaís decidiron elixir darlle a volta ás letras da escola, ETRAD, para seren DARTE. 

DARTE son:

LUCÍA ALBORJA BALADO: Voz, pandeireta e percusión miúda

PATRI SÁNCHEZ SEOANE: Voz, pandeireta e percusión miúda

LUCÍA SANTIAGO DÍAZ: Acordeón diatónico

ANXO MÉNDEZ: Violín

HÉCTOR PREGO BARROS: Viola

ALBERTO BARREIRO: Gaita

ANTÓN POMBAR: Zanfona.

CONCERTO DE DARTE. CONXUNTO 2 DE AVANZADO. 

AUDITORIO MILLADOIRO

MÉRCORES 15 XUÑO. 20:30 HS.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego