04 agosto 2022

NOVAS ETRAD. A AULA DE ARPA CÉLTICA NO 1º ENCONTRO DE ESCOLAS DE ARPA DE GALICIA. NOIA HARP FEST, 05/AGO

 

A Aula de Arpa Céltica da ETRADVIGO participou o mércores 5 de Agosto no 1º Encontro de Escolas de Arpa de Galicia, dentro das actividades do Noia Harp Fest, que dirixe o director da ETRAD, Rodrigo Romaní. A representación da Aula de Arpa, coa súa mestra, Begoña Riobó, estivo a cargo de parte do alumnado de 1º de básico e 1º de medio.

Agradecemos a organización do Festival, nomeadamente a Rodrigo Romaní e Alba Barreiro o convite, e aplaudimos o éxito da convocatoria que reuniu a parte do alumnado de arpa dos conservatorios de A Coruña, Torroso (Mos) e Mayeusis (Vigo) e a aula de arpa céltica da ETRAD. Agardamos que teña continuidade nas vindeiras citas do festival.

Moitas grazas e moi feliz verán!

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego