Xa están publicadas as LISTAS DE ADMISIÓNS na ETRAD, que se poden consultar aquí: Listaxes de admisións. ETRADVIGO. Curso 2022-23
PRAZO DE MATRÍCULA: DO 23 AO 30 DE SETEMBRO DE 2022
Precisaráse efectuar o pago das taxas de matrícula a través do seguinte enlace: www.emmavigo.org, e a continuación formalizar a matrícula en Secretaría (a ter en conta que no caso de baixa na escola, o importe da matrícula non é reembolsable).
PAGO DA MATRÍCULA
Unha vez na pasarela de pagos, será preciso introducir os datos persoais (nome e apelidos + dni), seleccionar a escola (ETRAD) e sinalar a especialidade e o ciclo:
- Música e Movemento
- Ciclo Básico
- Ciclo Medio
- Aulas Abertas
Non esquecer descargar o xustificante do pago para presentalo en Secretaría.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA (PRESENCIAL)
Para a formalización da matrícula deberán presentar o xustificante de pago da mesma ou ben resgardo da solicitude de exención de taxas e máis o impreso de matrícula debidamente cumprimentado, que pode solicitarse na secretaría ou descargarse da páxina web.
Solicitude de exención de taxas: ata o 30 de setembro de 2022 nas oficinas do Concello.
Horario de atención ao público en Secretaría: de 11:00 a 14:00 hrs. e de 17:00 a 20:00 hrs.
PRAZO: DO 23 AO 30 DE SETEMBRO DE 2022
Ningún comentario:
Publicar un comentario