Buscar neste blog

15 decembro 2022

EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2022-23. Charla da trikitilari, Itsaso Elizagoien. Hemeroteca da EMAO. Mér. 21/DEC. 19:30H


Itsaso Elizagoien Bizente (Etxalar), a trikitilari que fai parte da banda que acompaña ao gaiteiro vigués, Carlos Núñez, visita a escola o vindeiro mércores 21 de decembro para nos ofrecer unha charla na que coñecer as particularidades da trikitixa e observar as diferencias e similitudes co noso acordeón diatónico.

Será na Hemeroteca da EMAO dende as 19:30.

Organiza: Aula de Acordeón Diatónico da ETRAD

Máis sobre Itsaso:

Itsaso Elizagoien Bizente (Etxalar). Tomando como referencia a súa curmá, desde pequeno ten afección e gusto pola trikitixa. Os seus pais confiaban nas ganas que tiña de aprender a tocar este instrumento, e por iso, a partir da compra da primeira trikitixa, con 5 anos, entrou neste mundo.


En 2002 comezou a competir coa súa irmá Irune (chamadas “txapelketas”). Comezaron en Etxalar, seguindo por diferentes localidades de Guipúscoa e chegando a Biscaia, conseguindo 27 txapelas cada unha, e rematando esta etapa da súa vida co campionato Zeanuri en 2015.


No ano 2008 crean o grupo de romarías Baleike, cambiando despois o nome por Dantzadi, e formado por unha trikitixa, unha pandeireta, un baixo e o bombo, percorreron distintas prazas ao longo de oito tempadas.


A finais de 2015, Itsaso tivo a oportunidade de colaborar co gaiteiro galego Carlos Núñez. Xunto a el gravou a canción para a película "La Jota" do director de cine Carlos Saura, e dende entón é unha integrante máis do grupo.


En 2016 tiveron a oportunidade de participar na colección de discos Geure Kolkotik editada por Euskal Herriko Trikitixa Elkartea (Asociación de trikitixas do País Vasco) gravando 3 pezas creadas por eles mesmos xunto con outras 4 parellas.


Hoxe as irmás Elizagoien xogan a dúo por todo o País Vasco.


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego