O CAIM Zanfona da EMAO organiza a protección do documental: Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella, documental dirixido por Federico A. Rioboo.
Filme documental sobre a zanfona e as marxes deste instrumento desde a óptica dun dos pioneiros galegos. A aula de zanfona de Escolas da Terra de Cántigas da Terra liderada por Miro Casabella (1946), inicia unha investigación sobre este máxico instrumento e a súa relación co Camiño de Santiago. Acompañado por dous alumnos avantaxados, Manuel Rioboo e Erea Estévez, Miro viaxa por toda Galicia na procura do organistrum, devanceiro da zanfona e presencia de honor no Pórtico da Gloria. Mesturando amizades con paisaxes, música de cego con clases maxistrais, os protagonistas completan un mosaico sobre a importancia deste instrumento, considerado por algúns intelectuais como a alma de Galicia.
Entrada libre ata completar aforo
Ningún comentario:
Publicar un comentario