ETRADVIGO. CURSO 2023-2024.
ABERTOS PERIODOS DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO E PREINSCRICIÓN PARA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS DENDE O MÉRCORES 22 DE XUÑO.
DE 4 A 7 ANOS
MÚSICA E MOVEMENTO
DENDE OS 8 ANOS
ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, CANTO POPULAR, CORDA PULSADA (GUITARRA E BUZUQUI), GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, REQUINTA, VIOLÍN FOLK, ZANFONA.
AULAS ABERTAS
ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, PANDERETEIRAS, CORO, CANTARES DE TROULA, CORDA PULSADA E REQUINTA, BANDA DE GAITAS E PERCUSIÓN, CORDA FROTADA, ZANFONA.
MATRÍCULA E PREINSCRICIÓN CURSO 2023-2024
ALUMNADO DE CURSOS ANTERIORES
ALUMNADO que pasa aos cursos de
- 2º e 3º (Itinerario Básico) e 1º no caso das especialidades con C.I.I.
- 2º e 3º (Itinerario Medio)
- 2º e CEE (Itinerario Avanzado)
NON HAI RESERVA DE PRAZA, TERÁN QUE MATRICULARSE DIRECTAMENTE.
PRAZO DE MATRÍCULA: DO 22 DE XUÑO AO 07 DE XULLO DE 2023
Precisarase efectuar o pago da matrícula a través de www.emmavigo.org e logo formalizar a matrícula (téñase en conta que no caso de baixa na escola, o importe da matrícula non é reembolsable).
PAGO DA MATRÍCULA
Unha vez na pasarela de pagos, será preciso introducir os datos persoais (nome e apelidos + dni) e sinalar o ciclo:
- Ciclo Básico: todo o alumnado de Nivel Básico
- Ciclo Medio: todo o alumnado de Nivel Medio + alumnado de 1º e 2º curso do Nivel Avanzado
- Ciclo Medio-Avanzado: o alumnado do Curso de Especialización Escénica (Avanzado 3)
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
PRESENCIAL
Para a formalización da matrícula, deberán presentar o xustificante de pago da mesma ou ben copia da presentación da solicitude de exención de taxas, en modelo normalizado e o impreso de matrícula debidamente cumprimentado, que pode solicitarse na secretaría ou descargarse da páxina web.
Solicitude de exención de taxas: Do 22 de xuño ao 07 de xullo de 2023 nas oficinas do Concello.
Horario de atención ao público de 11:00 h. a 14:00 h. de luns a venres (agosto pechado). Durante o mes de xuño atenderemos tamén pola tarde, en horario de 16 a 20 hrs.
• Solicitude de exención de taxas: do 22 ata o 7 de xullo de
2023 nas oficinas do Concello de Vigo.
PRAZO: DO 22 DE XUÑO AO 07 DE XULLO DE 2023
ALUMNADO DE NOVO INGRESO e AULAS ABERTAS:
Preinscrición:
On line: www.emmavigo.org: do 22 de xuño ao 8 de setembro de 2023.
Presencial (na secretaría da ETRAD): do 22 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 8 de setembro de 2023.
Horario de atención ao público: de 11:00 h. a 14:00 h. de luns a venres (agosto pechado). En xuño tamén atenderemos pola tarde, en horario de 16 a 20 hrs.
• Publicación de listaxes de solicitantes: 12 de setembro
• Sorteo: 15 de setembro
• Probas para o Itinerario Medio: do 15 ao 20 de setembro
• Publicación de listas de admitidos: 22 de setembro.
• Matrícula: do 25 ao 29 de setembro.
• Solicitude de exención de taxas: do 25 ata o 29 de setembro de
2023 nas oficinas do Concello de Vigo.
• Comezo do vindeiro curso: 2 de outubro.
+Info en: www.etradvigo.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario