Na ETRAD celebramos a chegada da fin do curso 2022-23 coa Audición de Verán no Auditorio Municipal de Vigo o vindeiro xoves 22 de xuño dende as 18:00 hs.
As especialidades instrumentais de Arpa céltica, Acordeón diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk e Zanfona, xunto coa especialidade Música e Movemento e máis os Conxuntos Instrumentais e as Aulas Abertas da escola agasallárannos coas melodías aprendidas ao longo do curso e deste derradeiro trimestre.
Convidámosvos a vires e a participares connosco da alegría e a enerxía dos varios centos de músicos que están a gozar da aprendizaxe da nosa música tradicional. e da música folk na ETRADVIGO.
Vai ser, de seguro, unha boa festa musical. Non a perdas!!!
AUDICIÓN DE FIN DE CURSO.
AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO
XOVES 22 / XUÑO.
18:00 hs.
ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO
Ningún comentario:
Publicar un comentario