DE CATRO A SETE ANOS:
MÚSICA E MOVEMENTO
DENDE OITO ANOS:
ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, CANTO POPULAR, CORDA PULSADA (GUITARRA E BUZUQUI), GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, REQUINTA, VIOLÍN FOLK, ZANFONA.
AULAS ABERTAS DE:
ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, PANDERETEIRAS, CORO, CANTARES DE TROULA, BANDA DE GAITAS E PERCUSIÓN,
CORDA FROTADA, ZANFONA,
MATRÍCULA:
dende o luns 24 de xuño ata o 5 de xullo de 2024 permanecerá aberto o periodo de matrícula para o alumnado de cursos anteriores.
PREINSCRICIÓN NOVO ALUMNADO:
en liña do 24 de xuño ao 6 de setembro de 2024. Presencial (na secretaría da ETRAD): do 24 de xuño ao 31 de xullo e do 2 ao 6 de setembro de 2024.
PREINSCRICIÓN AULAS ABERTAS:
en liña do 24 de xuño ao 6 de setembro de 2024. Presencial (na secretaría da ETRAD): do 24 de xuño ao 31 de xullo e do 2 ao 6 de setembro de 2024.
MATRÍCULA E PREINSCRICIÓN CURSO 2024-2025
ALUMNADO DE CURSOS ANTERIORES
ALUMNADO que pasa aos cursos de:
- Música e Movemento II, III e IV
- 2º e 3º (Itinerario Básico) e 1º no caso das especialidades con Curso de Introdución ao Instrumento (Violín Folk, Acordeón Diatónico e Arpa Céltica)
- 2º e 3º (Itinerario Medio)
- 2º e CEE (Itinerario Avanzado)
NON HAI RESERVA DE PRAZA, terán que MATRICULARSE DIRECTAMENTE.
Deberán efectuar o pago da matrícula a través de www.emmavigo.org e formalizar a matrícula. O importe da matrícula non é reembolsable.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA ALUMNADO DE CURSOS ANTERIORES
PRAZO: DO 24 DE XUÑO AO 05 DE XULLO DE 2024
A presentación da matrícula será PRESENCIAL.
Para a formalización da matrícula, deberán presentar o xustificante de pago da mesma ou ben copia da presentación da solicitude de exención de taxas en modelo normalizado e o impreso de matrícula debidamente cumprimentado que será facilitado na secretaría.
Horario de atención ao público: de 11:00 h. a 14:00 h. de luns a venres (agosto pechado). En xuño tamén atenderemos pola tarde, en horario de 16 a 20 hrs.
ALUMNADO DE NOVO INGRESO e AULAS ABERTAS
PREINSCRICIÓN:
Itinerarios Básico, Medio e Aulas Abertas (Dende os 8 anos)
Música e Movemento (Dende os 4 anos ata os sete)
- On line (www.emmavigo.org): do 24 de xuño ao 6 de setembro de 2024.
- Presencial (na secretaría da ETRAD): do 24 de xuño ao 31 de xullo e do 2 ao 6 de setembro de 2024
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS
Matrícula: do 24 ao 30 de setembro.
A presentación da matrícula será PRESENCIAL.
Publicación das listaxes de solicitantes: 10 de setembro de 2024
Sorteo prazas ofertadas: 16 de setembro de 2024
Probas para o Itinerario Medio: do 16 ao 19 de setembro de 2024
Publicación de listas de admitidos: 24 de setembro.
Matrícula: do 24 ao 30 de setembro de 2024
Solicitude de exención de taxas: do 24 ata o 30 de setembro nas oficinas do concello
Comezo do vindeiro curso: 1 de outubro de 2024
Ningún comentario:
Publicar un comentario