Anxo Pintos, o mestre de Zanfona da ETRAD participa na cuarta edición do Celme de Zanfona que se celebra no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo ao longo desta fin de semana, do 12 ao 15 de setembro. Os cegos cantores como portadores da esencia das músicas de tradición oral desde a Idade Media son o cerne temático desta edición. Podedes ver todo o programa e mais información para inscricións aquí: |
---|

O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
10 setembro 2024
O mestre de Zanfona da ETRAD participa no IV Celme de Zanfona. CENTRAD. LUGO. 13/SET
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario