Presentamos o novo curso de ampliación de estudos impartido pola mestra de Canto Popular, Anaïs Barbier, no que realizaremos un achegamento á interpretación musical das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025. Foron creadoras e transmisoras de arte e beleza malia a vida difícil que lles tocou vivir. A través delas, Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), e Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar –as tres Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños) falecidas hai máis dunha década–, a Real Academia Galega renderalles homenaxe no Día das Letras Galegas 2025 ás cantareiras e á poesía popular oral.
CURSO DE AMPLIACIÓN DE ESTUDOS
As cantareiras das Letras Galegas 2025: aproximación ao estilo
das tocadoras de Cerceda, Muxía e Mens.
Anaïs Barbier
24-31/XAN//07/FEB 2025.
AULA 5.
16:00-19:00h.
Inscrición universal
ata o 13 / DEC na
secretaría da escola.
Prezo: 27,05 EUR.
Gratuíto para alumnado
de medio e avanzado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario