Buscar neste blog

02 abril 2025

MÚSICA COA ESCOLA. Programa de Concertos Didácticos da Concellería de Educación. @s mestr@s da ETRAD presentan RURALSÓNS. Auditorio do Concello de Vigo. Luns 07, martes 08, mércores 09, de 12:00hs a 13:00hs. Xoves 10/ABR en dobre sesión: de 10:00 a 11:00 e de 12:00 a 13:00hs. Entrada reservada aos centros de ensino participantes




A Concellería de Educación do Concello de Vigo, a través das súas escolas municipais de música, presenta un ano máis o programa “Música coa escola”, co obxecto de facer partícipes aos centros de ensino de primaria e secundaria da cidade da promoción e desenvolvemento de actividades artísticas e creativas relacionadas coa música.


O programa, do que xa teñen coñecemento dende o primeiro trimestre deste ano escolar os centros educativos públicos e concertados da cidade, está dirixido ao alumnado de Primaria e de Secundaria e consiste no traballo previo sobre a unidade didáctica facilitada nas aulas e a posterior programación de concertos didácticos no Auditorio municipal (en horario matinal por parte do profesorado das escolas municipais de música). 


A Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional (ETRAD), presentará a preto de 1.300 escolares de 30 centros escolares da cidade de Vigo, RURALSÓNS, unha travesía polas músicas do calendario nun concerto que ten por protagonistas principais algunhas das melodías usadas nas celebracións relacionadas co ciclo anual, como o magosto, nadal, entroido, etc. Ao longo deste percorrido, as mestras e mestres da escola, amosarán e tocarán todos os instrumentos das especialidades que se ensinan na escola: Arpa céltica, acordeón diatonico, canto popular, gaita, bouzouqui, percusión tradicional, requinta, violín folk e zanfona. O concerto vén acompañado de vídeos onde os membros de Casa Gallinitas, que son ao tempo, alumn@s da escola, explican as particularidades de cada unha das tradicións do ciclo anual que celebramos en Galicia.


- Programa Música coa Escola

- RURALSÓNS

- Concertos Didácticos dos mestres da ETRAD

- Concellería de Educación. Concello de Vigo

- Luns 07, martes 08, mércores 09, de 12:00hs a 13:00hs 

- Xoves 10/ABR en dobre sesión: de 10:00 a 11:00 e de 12:00 a 13:00hs. 

- Entrada reservada aos centros de ensino participantes

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego