17 xaneiro 2011

A e-Trad participará no festival Celtic Connections invitada pola Royal Scottish Academy of Music

Nesta semana, unha delegación de alunos e profesores da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk desprazaranse á cidade de Glasgow para participar nun concerto conxunto con alumnos e profesores da Royal Scottish Academy, dirixidos polo prestixioso músico Phil Cunningham.

O Celtic Connections é o festival máis importante dos que se celebran en Europa en torno á musica folk e tradicional do mundo. A delegación da e-Trad realizará un concerto conxunto o dia 22 de Xaneiro no Glasgow Royal Concert Hall. A Royal Scottish Academy of Music and Drama, centro de referencia europeo, destaca polo seu departamento de música folk e tradicional, no que se ofrecen estudos de rango uiversitario. A colaboración entre as escolas viguesa e escocesa se enmarca no programa de actividades  da European Network of Folk Orquestras que lidera o Concello de Vigo a traves da E-Trad, e no que figuran a Fundación Sondeseu, a Sibelius Academy de Helsinki e a Tradalp Orchestra de Turín. A este proxecto vense de incorporar a Royal Scottich Academy e agárdase que en breve, a World Irish Academy, de Limerick (Irlanda) se xunte ás institucións xa mencionadas.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego