Curso: Ranchos de Reis. Javier Feijoó (Chisco)
Este curso esta adicado ás Danzas de Reis, unha das expresións dentro da cultura tradicional galega mais antigas conservadas, vencelladas ás celebracións patronais das parroquias galegas na honra a Santos. Aprendizaxe dos movementos como a música das Danzas de Paos, Paso e Arcos de Riofrío (Mondariz) contribuíndo non só a súa conservación no tempo, senón tamén a valoración desta tradición galega.
Os participantes necesitan:
• 2 Paus cilíndricos de 2cm de diámetro e 40 de lonxitude. (podedes sacalos dun pao de escoba de madeira)
• 1 tubo de goma negro flexible pero firme de 2 cm de sección e 120cm de lonxitude. (podedes mercar ou conseguir tubo de tubaria).
• Cintas de cores de 2 cm de ancho. Unha Branca de 5 m.e dúas cores máis de 3m. (mercería).
• Un xogo de castañolas. Podédelas adquirir a bo prezo en calqueira tenda de música.
• 1m de goma negra de ½ cm. de ancho.
Tódolos venres dende o 4 de novembro ao 16 de decembro (excepto o 9 de decembro)
18h – 20h
Salón de actos da e-Trad
Número de prazas: 12
Último día de matriculación: 28 de outubro
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.