O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
25 maio 2010
Divulgativos e-Trad. Visita ao CPI Celso Emilio Ferreiro
O martes 25 de Maio os instrumentos que ensinamos na escola soaron no salón Multiusos do CEIP Celso Emilio Ferreiro. Como no resto dos concertos divulgativos, a receptividade e participación dos alumnos foi moi elevada. Con esta visita pechamos o ciclo de divulgativos no presente curso escolar. Agardamos que a experiencia para todos os que a algún deles asistiron fora tan gratificane como para todos os mestres da escola... E xa sabedes que, se a algún de vós a curiosidade lle picou con ganas, na e-Trad agardámosvos para que poidades aprender todos os segredos que agochan estes instrumentos da música tradicional e folk. Moitas grazas a todos e deica o ano que ven!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario