O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
25 maio 2010
Extraescolares e-Trad. Venres 4 de Xuño. AUDICIÓN de ALUMNOS
O Venres 4 de Xuño celebraremos unha audición con alumnos de todas as especialidades instrumentais que se imparten na escola: canto tradicional, violín folk, corda pulsada, arpa céltica, zanfona, gaita, percusión, acordeón diatónico e requinta. Será ás 18 horas no salón-auditorio da e-Trad. Entrada libre ata completar aforo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario