O martes 23 de novembro os mestres da e-Trad visitamos o IES de Beade dentro do ciclo divulgativo: "Tocar é Sentir" organizado pola Concellería de Educación de Vigo.
Desde probar unhas culleres ata escoitar unha picante peza de Florencio o cego dos Vilares, da man do mestre de violín Alfonso Franco no papel do cego de Xustáns, o tempo pasou voando no auditorio do instituto de Beade. Agardamos repetir o ano que ben.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario