O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
23 novembro 2010
NATALIE HASS & ALASDAIR FRASER en VIGO
A mellor música escocesa volve de novo a Galicia. Alasdair Fraser, o máis recoñecido violinista de Escocia presenta o seu dúo coa violonchelista Natalie Haas. Neste concerto ofrecerán ao público vigués varios temas do que será o seu terceiro traballo e no que se incluirán duas pezas galegas: A Muiñeira de Chantada e A Bruxa, de Antón Seoane.
Os mestres da e-Trad de Bouzouki e Violín Folk : Josiño Liz e Alfonso Franco, manteñen unha boa amizade cos artistas, cos que xa tiveran a oportunidade de tocar nas dúas últimas edicións do North Atlantic Fiddle Convention en Canadá e Escocia. O dúo actúa o martes 23 ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Vigo e as entradas teñen un prezo de 5 euros.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario