Unha gran tarde de curso onde os participantes (nin mais nin menos que 20) puideron xogar, cantar, bailar, percutir, expresar, crear ... nun ambiente aberto e acolledor. Conseguidos todolos obxectivos. Expresáronse e comunicaron diferentes estados anímicos e roles cantando, compartiron espazos bailando, crearon coplas e ritmos, improvisaron ... e todo isto dunha maneira relaxada, botando ao lixo a inhibición e ríndose sanamente os uns dos outros.
Animádevos a disfrutar con nós dos seguintes cursos que ofrecemos os venres!!! Agardámosvos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario