Será o vindeiro venres 26 de novembro ás 19 horas na Praza de España de Pontevedra. Os 45 músicos da orquestra porán en escea coa enerxía que lles caracteriza, as melodías de "Barlovento", o terceiro disco da formación publicado na primaveira deste ano.
Agardámosvos!
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario