O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
15 decembro 2010
Divulgativos e-Trad. O ciclo "Tocar é Sentir" visita o CEIP Ramón y Cajal
O martes 14 de decembro a e-Trad achegouse ao CEIP "Ramón y Cajal" de Vigo para dar a coñecer aos alumnos máis novos, os instrumentos impartidos na escola. O concerto, forma parte do ciclo divulgativo "Tocar é Sentir" posto en marcha no presente curso escolar polo Concellería de Educación de Vigo, programa que fará posible que 3000 escolares da bisbarra viguesa se familiaricen cos instrumentos empregados na nosa música tradicional e folk.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario