A Universidade de Vigo recupera para este concerto de Nadal un feito histórico ao xuntar de novo a Berrogüetto, o grupo no que milita Anxo Pintos, o mestre de zanfona da e-Trad, coas Pandereteiras de Cantigas e Agarimos lembrando o acontecido neste mesmo teatro no ano 1996, cando se presentou ao mundo o seu primeiro disco “Navicularia”, traballo supuxo unha gran revolución dentro da música galega polo seu innovador estilo, onde as melodías tradicionais eran tratadas cunha gran frescura, achegando interesantes harmonizacións modais e contrapuntos.
Carmen París, a voz aragonesa coa que xa puidemos gozar hai dous anos na súa colaboración con SondeSeu, é convidada de excepción para este evento de Berrogüetto, artista coa que comparte, ademais de numerosos premios internacionais, o gusto pola experimentación a partir do tecido sonoro da música tradicional.
Será o mércores 15 de Decembro ás 20.30h na Sala de Concertos do Teatro Novacaixagalicia (García Barbón)
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario