O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
01 decembro 2010
Masterclass de Micheal McGoldrick na e-Trad
Hai uns dias nos visitaban na e-Trad o violinista Alasdair Fraser e a chelista Natalie Haas. Agora teremos outra ilustre visita: a do frautista escocés Micheal McGoldrick que impartirá unha masterclass para frautistas o vindeiro venres 10 ás 19.30 h. Esta Masterclass organízase en colaboración co AGADIC e CREATIVA. Temos 15 prazas para os que queiran asistir. A sesión é de balde e ten preferencia o alumnado da e-Trad matriculado en Requinta. As inscricións en: e-trad@vigo.org cos seguintes datos: Nome, DNI, enderezo electrónico e postal.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario