Rematado o curso. Danzas de Reis impartido por Javier Feijoó (Chisco) que tivo lugar no salón de actos da e-Trad os días 3 e 10 de decembro.
Este curso estivo adicado ás Danzas de Reis, unha das expresións dentro da cultura tradicional galega mais antigas conservadas, vencelladas ás celebracións patronais das parroquias galegas na honra a Santos. Os 17 asistentes ao curso puideron aprender, nas dúas tardes, tanto os movementos como a música da Danza de Paos de Riofrío (Mondariz) contribuíndo non só a súa conservación no tempo, senon tamén a valoración desta tradición galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario