O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
16 febreiro 2011
Divulgativos e-Trad. O ciclo "Tocar é sentir" visita os CEIP "Celso Emilio Ferreiro" e "Mosteiro- Bembrive"
O 15 de febreiro a e-Trad visitou os colexios "Celso Emilio Ferreiro" e "Mosteiro- Bembrive" dentro do ciclo divulgativo "Tocar é sentir". Como sempre o intre máis interesante para os alumnos foi o de probar os instrumentos. Polo entusiasmo co que o fan seguro que algún acabrá por animarse a elixir algun para facer músic acon el.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario