A Orquestra Folk de Galicia SondeSeu acada ex aequo con Mercedes Peón o Premio Opinión (Ler máis) ao Mellor disco Folk galego do ano polo seu álbume "Barlovento".O grupo galego Berrogüetto obtivo o 3º posto na votación realizada polos sete xornalistas que integraron o xurado . Desde a e-Trad queremos felicitar a todos os integrantes da OFG SondeSeu, dirixida por Rodrigo Romaní, á que nos une un estreito vencello, tanto polo convenio de colaboración que posibilita a práctica orquestral dos nosos mellores alumnos no seu seio, como por ser un proxecto nado na escola cando aínda se chamaba Conservatorio de Música Tradicional.
Parabéns tamén para Mercedes Peón, gañadora ex aequo deste galardón e para Berrogüetto polo seu 3º posto. Non nos queremos esquecer de todas as achegas discográficas feitas este pasado ano polos músicos galegos nos ámbitos da música tradicional e folk, que seguen a demostrar o sobresaínte pulo creativo e o derroche de talento que existe no país.
Parabéns para todos!
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario