O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
18 marzo 2011
A e-Trad imparte un curso en Barcelona
A e-Trad comeza un programa de colaboracion coa Aula de Música Tradicional i Popular de Catalunya. O primeiro evento deste programa consiste nun seminario que impartirá Rodrigo Romaní dirixido aos profesores que imparten ensinanzas na Aula, e que versará sobre a creación e xestión de conxuntos instrumentais e vocais. Será o sábado 19 de Marzo, nas instalacións da Aula en Barcelona
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario