O pasado venres 4 de marzo celebrouse na escola o monográfico: Cantares de Entroido impartido por Javier Feijoó (Chisco)
Unha tarde divertida na que os/as alumnos/as aprenderon unha melodía tradicional deste tipo de cantares e fixeron un repaso da actualidade social e política para logo crear as coplas alusivas á situación actual adaptadas a melodía aprendida. Unha escusa perfecta para empregar a creatividade a modo de reivindicación "carnavaleira"; de queixarse e divertirse, denunciar con humor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario