O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
05 abril 2011
Divulgativos e-Trad. O Ciclo "Tocar é Sentir" visita os CEIP "Pintor Laxeiro" e "Párroco D. Camilo"
O martes 5 de abril a e-Trad visitou os CEIP "Pintor Laxeiro" e "Párroco D. Camilo" dentro do ciclo de concertos divulgativos "Tocar é Sentir". Todos os alumnos cantaron e bailaron ao son dos instrumentos, e ningún quedou sen probalos. Foi un pracer comprobar un martes máis a participación e implicación dos pequenos e os seus mestres no concerto. Agardamos vervos pola escola a todos os que vos apeteza iniciarvos na música a través dos instrumentos que impartimos nela.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario