Os alumnos de 4º curso do itinerario mestre da e-Trad veñen de se presentar ao 1º Certame de Músicas Emerxentes "Novo Son" convocado pola Radio Galega. Samuel Soto (Voz e Bouzouqui), Marta Quintana, Bea Martínez, Inés Lorenzo (Harpas), Teresa Gómez (Zanfona) e Javier Garaloces (Requinta), participan na categoría de Músicas do Mundo coa "Pandeirada de Trasalva". Premede aquí para escoitala. A pandeirada foi arranxada, gravada e mesturada por todos eles no tempo das asignaturas de "Conxunto Instrumental" e de "Gravación e Sonorización". Xa está aberto o periodo de votación on line, se vos parece merecedora do voso clique.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario