09 xuño 2011

Audición de Fin de curso

Día 24 de xuño de 2011
18:30h a 20:30h
Patio da e-Trad
Entrada libre e de balde ata completar aforo
Xa está aquí de novo, outro "fin de curso" para a e-Trad. Outro curso que remata despois de ter aprendido tantas cousas, compartido tantas horas de música, tradicións, danzas, actividades, audicións, concertos ...

É para despedir este curso 2010/2011 @s alumn@s das diferentes especialidades instrumentais da e-Trad terán o pracer de compartir a súa música con todos aqueles que se queiran achegar ata ao patio da escola a tarde do 24 de xuño (a partires das 18:30).

Poderemos escoitar os sons dos diferentes instrumentos tradicionais que se ensinan no centro; gaita, percusión, canto popular, requinta, acordeón diatónico, zanfona, violín folk, corda pulsada e arpa céltica en melodías aprendidas neste ano académico, tanto por solistas como por conxuntos instrumentais.

Recordade que, como é habitual nas audicións que realizamos na e-Trad, a entrada será absolutamente gratuíta e libre ata completar aforo.

Esta última actividade porá o broche final ao curso dando paso ás vacacións estivais, ben merecidas e necesarias para voltar o próximo ano con enerxías renovadas. Unha tardiña agradable de lecer e música tradicional, de compartir e felicitarse polo aprendido durante todos estes meses. NORABOA a TOD@S!!!

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego