Buscar neste blog

28 xaneiro 2015

EXTRAESCOLARES ETRAD. Cursiño de edición de partituras. Xaquín Xesteira. Venres 6 e 20 de febreiro de 2015



Curso de iniciación á edición de partituras empregando o programa Sibelius 7. Cómo confeccionar unha partitura. Introdución de notas dende teclado de ordenador ou teclado midi. Normas de escritura musical básicas, etc...Imprescindible que cada alumno teña o seu computador e o programa que se vai empregar.

Venres 6 e 20 de febreiro de 2015
16h – 19h
Aula 5: Perfecto Feijóo
Número de prazas: 20
Créditos computables por horas na ETRAD: 6h
Último día de matriculación: 4 de febreiro


26 xaneiro 2015

Extraescolares ETRAD. Presentación do libro-CD “A viaxe de José do Campo”. Venres 31 de xaneiro de 2015. Auditorio Milladoiro. 20h



O grupo de música O Fiadeiro, presentará na ETRAD a súa última publicación "A viaxe de José do Campo". Un conto orixinal creado por Xavier Balsas e Rafa Crespo en formato libro/CD, para disfrutar toda a familia. O disco inclúe 15 pistas de audio que fan referencia a esta fabulosa viaxe do noso querido protagonista José, un rapaz do Courel que, motivado polo seu afán de coñecer novas músicas, decide improvisar a súa propia viaxe.
Todas as músicas que aquí se recollen, son interpretadas polo grupo de música de O Fiadeiro, así como a narración do propio conto, na última pista do CD.
Para os docentes, mestres,... inclúense as partituras dos temas, letras das cantigas e diversas actividades para poder traballalos e disfrutalos no aula.O libro está Ilustrado por: Xacobe Bobillo e colaboran na súa edición: O Fiadeiro, Ton e Son Editorial, ChisPún! Estudio e Inquedanzas sonoras.



Venres 30 de xaneiro de 2015
Auditorio Milladoiro
20h
Entrada libre ata completar aforamento

25 xaneiro 2015

Extraescolares ETRAD. Monográfico: Percusión de mans. Carlos Castro. Venres 31 de xaneiro de 2015. Conservatorio Superior de Música de Vigo



Monográfico impartido por Carlos Castro, profesor de percusión do Conservatorio Superior de Música de Vigo e en colaboración co mesmo. Estará centrado nas técnicas de percusión executadas con mans en diferentes instrumentos (panderos, panderetas etc) que se tocan en diversos países do mundo. Moi interesante para percusionistas que queiran sumar recursos percutivos.  Requerirase un nivel medio de instrumento.




O músico percusionista Carlos Castro imparte docencia en Vigo dende o ano 87, actualmente no Conservatorio Superior.
Ten colaborado en orquestras sinfónicas, bandas e grupos de rock, folk, jazz, etc. Tamén participou como compositor e intérprete en música para publicidade, teatro, cine e TV.
De entre as case 70 gravacións feitas entre LPs e CDs, están a maioría dos grupos actuais de música galega, así como 2 discos gravados polos alumnos do Conservatorio.
Publicou xunto a Sol Bordas  "O Centro Integrado de Música" (Consello da Cultura Galega), así como o libriño de arranxos de música popular "Catro cancións para instrumentos de Láminas" (ed. Fundación Mayeusis), “Caldeirada para 6” (ed. Periferia), unha metodoloxía para principiantes na percusión “esto é percusión!” (ed. Dos Acordes) e “Maruxiña” para cuarteto de percusión (Dos Acordes). Formou parte do grupo folk Fía na Roca, e participa con Xosé Manuel Budiño, os grupos Martín Códax, Resonet e Meendinho de música antiga, a orquestra O.M.E.GA de improvisación, a Banda Crebinsky e Catroventos (Fusión Urbana Contemporánea).

Venres 31 de xaneiro de 2015
Conservatorio Superior de Música,  Aula 37b (Instrumentos da música tradicional).
16h a 19h
Número de prazas: 20
Créditos computables na ETRAD: 3h

Último día de matriculación: 28 de xaneiro

20 xaneiro 2015

Extraescolares ETRAD. Concerto didáctico de Aleix Tobías Sabater (Coetus). Mércores día 21 de xaneiro. 18 horas. Auditorio Milladoiro da ETRAD. Entrada libre e de balde ata completar aforo.


10 xaneiro 2015

EXTRAESCOLARES ETRAD. Cursiño de composición e arranxos. Anxo Pintos e Xosé Liz. Venres 16 e 23 de xaneiro de 2015

Da man de Anxo Pintos e Xosé Liz, neste cursiño faremos un repaso dos elementos básicos que conforman  e aparecen en toda composición e arranxo: melodía, ritmo, estilo, harmonía, silencio, forma, xénero... Falaremos de cómo levar a cabo unha estrutura dun tema, como dar forma aos arranxos e variacións, que posibles direcións pode levar un tema segundo varias premisas para logo levar todo isto á práctica en grupos de traballo. 

Venres 16 e 23 de xaneiro de 2015
16h – 19h
ETRAD. Auditorio Milladoiro
Número de prazas: 20
Créditos computables por horas na ETRAD: 6h
Matrícula aberta para alumnos da ETRAD e non matriculados na escola.
Último día de matriculación: 14 de xaneiro

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego