O mestre de violín da ETRAD, Alfonso Franco, protagoniza a portada do Fiddler Magazine, a revista máis importatnte do mundo do violín alternativo, no que constitúe un importante recoñecemento ao seu traballo a prol do ensino e a difusión do violín folk en Galicia, tanto desde a aula de violín da escola, como polas actividades que desenvolve como presidente da A.C. Galicia Fiddle.
O mestre de violín visita esta semana Canadá, para participar cunha poñencia no NAFCO, un dos congresos de violinistas alternativos de maior relevancia internacional.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario