Xaquín
Xesteira, novo director do coro da Agrupación Cantigas e Agarimos
O recoñecido Xaquín
Xesteira, gaiteiro, percusionista e arranxista, é desde o pasado mes de
xuño o novo director do coro da Agrupación Cantigas e Agarimos.
Vencellado desde neno
coa música tradicional, cursou estudios de gaita no Conservatorio Superior
de Música de Vigo. Participou en concertos e discos de grupos tan
importantes da música galega como Milladoiro, Na Lúa ou Fuxan os Ventos.
O labor formativo ten un importante espazo no seu curriculum: á parte de ser director
das Seccións de Gaita e Percusión da Orquestra Folk SonDeSeu, é mestre
de gaita na ETRAD (Escola de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo)
e tamén autor dos libros-cd “Método de Gaita Galega”, volumes I e II. Forma
parte de varios grupos de música tradicional, de entre os que destaca
Treixadura, que fundou xunto con outros compañeiros no ano 1990.
A estrea de Xaquín
Xesteira como director foi o pasado 23 de xullo nunha experiencia emocionante:
o concerto que reuniu á Banda Municipal de Santiago co coro de Cantigas e
Agarimos dentro do programa das festas do Apóstolo. Iniciouse deste xeito
especial unha nova etapa que está supoñendo unha motivadora renovación nun dos
coros históricos de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario