Buscar neste blog

30 novembro 2015

EXTRAESCOLARES ETRAD. Presentación do disco “Pito Galego” de Efraím Diaz. Venres 11 decembro de 2015. 18:30hs. Auditorio Milladoiro. Entrada libre ata completar o aforamento.



O venres día 11 de decembro ás 18:30h no Auditorio Milladoiro teremos a oportunidade de asistir á presentación que Efraím Díaz fará da súa publicación discográfica “Pito Galego”. Achégate para descubrir todo o que pode dar de sí este marabilloso instrumento e apoiar este novo traballo da nosa música tradicional.
O Disco “Pito Galego” de Efraím Díaz xurde da inquedanza de plasmar un traballo de varios anos sobre o instrumento.Este disco é un mostraxe dos diferentes estilos musicais que se poden facer co instrumento e contén máis de 60 minutos de música en 19 temas.
Nel, poderás escoitar todos os Pitos Galegos a solo ou ben en grupo, tamén con outros instrumentos en dúos, tríos e cuartetos, con Percusións, Zanfona, Violín, Arpa, Guitarra e Bodhran... Pitos Sopranos en Mi,Re, Do e Sib, Pitos altos en Sol, e Pito Tenor en Re.
Efraim Diaz

Efraím Díaz nace en Lugo en 1980, aos 8 anos comeza os seus estudios de gaita galega, frauta e percusión galega co seu pai Cándido Díaz. Ten pasado por moitos estilos musicais coma percusionista, Folk, Latin Jazz, Trash Metal, Tecno, Hip-hop, Clásica e Contemporánea.Titulado Profesional e Superior de Percusión e titulado Profesional de Gaita. Becado pola Fundación Caixa Galicia para grabar o su primeiro disco como percusionista solista “Viaje por Kallaikía” en 2008. Este disco “Pito Galego” é o seu Segundo disco coma solista.Ten exercido a súa labor docente en diversas Escolas de Música e en Conservatorios da provincia de Lugo e Coruña dende o ano 1997.É músico da Banda Municipal de Lugo e profesor da Escola Municipal de Música de Lugo, onde imparte entre outras materias pito pastoril galego, gaita e percusion.
Venres 11 decembro de 2015
18:30h
Auditorio Milladoiro

Entrada libre ata completar o aforamento

19 novembro 2015

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE PREINSCRICIÓNS PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO. Do 10 ao 20 de novembro


CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE PREINSCRICIÓNS PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO
Prazo: do 10 ao 20 de novembro (ambos inclusive).
Prazas:
Itinerario Básico

Acordeón Diatónico: 6 prazas 
Zanfona: 1 praza

Itinerario Medio
Acordeón Diatónico: 2 prazas 

Arpa Céltica: 3 prazas
Requinta e Frauta: 1 praza


Preinscrición na Secretaría da ETRAD. 

Avda. García Barbón, nº 5. 

Concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. Sábado 21 de novembro. 20:30hs. Vigo. Auditorio Municipal

Concerto de presentación en Vigo de "The Tambourine Man", o último traballo de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. 
Sábado 21 de novembro. 
20:30hs 
Auditorio Municipal

FOLK IN WINTER. Concerto de Odón del Paganeo (Voz). Pepín de Muñalén (Frautas). Nel de Purnea (Guitarra).

CICLO FOLK IN WINTER
Odón del Paganeo (Voz)
Pepín de Muñalén (Frautas) 
Nel de Purnea (Guitarra)

VENRES 20 NOV. as 22:30h no LUSCO E FUSCO (Pontevedra)
SÁBADO 21 NOV. as 00:00h no BATALLÓN (Vigo)
DOMINGO 22 NOV. as 13:00h no BERDY CAFFE (Vigo)


 Máis info facebook

Presentación do libro CD: Alegría. Sergio Tannus. Sábado 21 de novembro. 12hs. Librería Andel

Editoral Galaxia e Andel convidan especialmente ao público infantil,
ao CONCERTO e presentación do libro CD
Alegría! de Sérgio Tannus
O acto celebrarase 
este sábado 21 de novembro, ás 12 horas, 
en Andelna avda. Camelias, 102, de Vigo.

17 novembro 2015

Galaxia ETRAD. Alfonso Franco e Anxo Pintos en enlaZARTE da Fundación Barrié. 11 e 12 de Decembro.

Os mestres da ETRAD: Alfonso Franco e Anxo Pintos participarán en enlaZARTE, unha iniciativa  da Fundación Barrié, dirixida por Cristina Pato o 11 e 12 de Decembro. EnlazARTnace con la idea de re-valorizar o poder das artes na educación creando un espazo de pensamento, traballo e creación onde reflexionar sobre o rol das artes na sociedade.
enlazARTE conta co enfoque de especialistas nacionais e internacionais que aportarán o seu coñecemento sobre diferentes xeitos de entender as artes na educación.
ler máis


Galaxia ETRAD. Xaquín Xesteira participa na celebración da RAG dos cen anos de 'Vento mareiro' en Cambados

A celebración da RAG  dos cen anos de 'Vento mareiro' en Cambados arrincou coa interpretación da muiñeira de Cambados a cargo do mestre de gaita da ETRAD, Xaquín Xesteira ler máis

09 novembro 2015

Curso: Danzas de Reis. Javier Feijóo. Venres 20 e 27 novembro e 11 de decembro de 2015

Este curso estará adicado ás Danzas de Reis, unha das expresións máis antigas dentro das conservadas na cultura tradicional galega vencelladas ás celebracións patronais das parroquias galegas na honra a Santos. Levarase a cabo a aprendizaxe dos movementos como a música das Danzas de Paus, contribuíndo non só a súa conservación no tempo, senon tamén a valoración desta tradición galega. 

Venres 20 e 27 novembro e 11 de decembro de 2015 16h – 19h 
Aula Perfecto Feijoo 
Número de prazas: 12 
Créditos computables por horas na ETRAD: 9h 
Matrícula aberta a alumnos e a estudiantes non matriculados na escola 
Último día de matriculación: 17 de novembro

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego