Para a ETRAD é unha honra anunciar a presentación de Disque, o primeiro CD de Ghaveta, un cuarteto que vos convida a un percorrido pola música galega, indo dende a máis tradicional ata a máis novidosa, da man de instrumentos capaces de ofrecer infinidade de timbres e texturas distintas dentro da calidez propia da música de raíz. Para este concerto de presentación, contarán coa presenza das Lagharteiras.
Para non perder
Ghaveta ao vivo.
Concerto de presentación do CD: Disque.
Colaboración das Lagharteiras.
Auditorio do Concello de Vigo
3 de Xan.2016.
19:00 hs
Beatriz Martínez: Arpa
Felipe Rodicio: violín
Marta Mtnez Valladares: voz, bouzouki e percusións
Diego Langarika: guitarra acústica e bouzouki
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario