O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
07 xaneiro 2016
A Banda de gaitas da ETRAD participa na cabalgata de reis de Vigo.
Un ano mais a banda de gaitas da ETRAD formou parte da comitiva real que levou a maxia e a ilusión a milleiros de cativas e cativos da bisbarra viguesa na tarde do martes 5 de xaneiro de 2016. Queremos agradecer a tod@s @s músic@s, así como o seu director, Xaquín Xesteira, o esforzo, o bo facer e a xenerosa presenza da banda nas principais festas da cidade olívica. Aproveitamos para desexarvos a tod@s un ano cargado de experiencias estupendas. Que non pare a música!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario