A concellería de
Educación do Concello de Vigo, a través das súas escolas municipais de música,
pon en marcha o programa “Música coa escola”, co obxecto, un ano máis,
de facer partícipes aos centros de ensino de primaria e secundaria da cidade da
promoción e desenvolvemento de actividades artísticas e creativas relacionadas
coa música.
O programa, do que xa
teñen coñecemento os centros educativos públicos e concertados da cidade, está
dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e de Secundaria e consiste no
desenvolvemento de concertos didácticos no Auditorio municipal (en
horario de 12,00h a 13,00h) por parte do profesorado das escolas
municipais Escola municipal de música de
Vigo (EMMV) e Escola municipal de música folk e tradicional (ETRAD), co
seguinte calendario dispoñible (os martes desenvolveranse os concertos da
ETRAD e os mércores os da EMMV):
Xaneiro
|
Mércores
27
|
Febreiro
|
Martes
2 e mércores 24
|
Marzo
|
Martes
1, martes 15 e mércores 16
|
Abril
|
Mércores
13, martes 26 e mércores 27
|
Maio
|
Martes
24
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario