O vindeiro martes 26 de abril, terá lugar un novo concerto divulgativo dos mestres da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo. ETRAD, dentro do programa educativo Música coa Escola da Concellería de Educación do Concello de Vigo que pretende achegar a oferta educativa das escolas de música e artes escénicas da cidade ao colectivo de estudiantes de primaria e secundaria da bisbarra viguesa. Nesta ocasión os mestres tocarán para estudiantes do CEIP San Salvador, O Sello, Otero Pedraio, CPR Alborada e IES de Valadares.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario