Buscar neste blog

26 xuño 2017

Convocatoria de novas prazas para estudos musicais na Escola municipal de Vigo de música folk e tradicional (ETRAD) para o curso 2017.2018


O Concello de Vigo oferta, a través da Concellería de Educación, as novas prazas para estudos musicais na Escola municipal de Vigo de música folk e tradicional (ETRAD), correspondentes á programación do vindeiro curso 2017-2018. As actividades desta escola van destinadas a toda a cidadanía, nenos e maiores, co fin de animar á práctica afeccionada da música, así como á formación non regrada previa aos estudos de carácter profesional. Os interesados en formar parte destas actividades poderán escoller entre as opcións que a Concellería de Educación propón e que se concretan en:
Escola municipal de música folk e tradicional (ETRAD)
De 4 a 7 anos: Música e Movemento.
A partir de 8 anos:
 Práctica instrumental: Canto popular, Violín Folk, Gaita, Percusión, Zanfona, Requinta, Arpa céltica, Corda pulsada, Acordeón diatónico.
 Actividades grupais. Aulas abertas.
Máis información:
 Escola municipal de Vigo de música folk tradicional (ETRAD): Avda. de García Barbón, 5 (36201 Vigo) Teléfono: 986 228088/7
 Horario de atención ao público: de 11,00h a 14,00h, e de 17,00h a 20:00h. de luns a venres (agosto pechado) Correo electrónico: e-trad@vigo.org / Web: www.emmavigo.org

PRAZOS PARA A ETRAD,
Preinscripción:
On line (www.emmavigo.org): do 26 de xuño ao 8 de setembro de 2017
. Presencial (na oficina da ETRAD): do 26 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 8 de setembro (en agosto as escolas municipais están pechadas).
 Publicación da lista de solicitantes: 13 de setembro
Realización de probas (no seu caso): do 14 ao 19 de setembro. 
Realización de sorteo (no seu caso): 15 de setembro. 
Publicación da lista de admitidos: 22 de setembro
Matrícula: do 22 ao 29 de setembro


Comezo do curso: 2 de outubro

16 xuño 2017

EXTRAESCOLARES ETRAD. Audición de Fin de Curso. Venres 16 de xuño. 17:30hs. Patio da escola. Entrada libre ata completar aforamento.



E xa está aquí a derradeira audición do curso 2016/2017 que, como non, celebrarémolo con moita música e alegría por parte dos/as alumnos/as das diferentes especialidades instrumentais da ETRAD. Un curso máis e outro verán para descansar e voltar en outubro con enerxías renovadas. FESTA e PARABÉNS polo camiñado nestes meses!!!
Venres 16 de xuño.
17:30hs.
Patio da escola.

Entrada libre ata completar aforamento.

13 xuño 2017

EXTRAESCOLARES ETRAD. Audición da Aula de Zanfona. Martes 13 de xuño. 20:00hs. Hemeroteca da EMAO. Entrada libre ata completar aforamento.

A aula de zanfona celebra o remate do curso cunha audición dedicada a este instrumento na hemeroteca da EMAO ás 20:00hs do martes 13 de xuño. Estaremos a meirande parte do alumnado de todos os niveis, para ofrecervos unha escolma dos temas aprendidos ao longo do ano. Vén e déixate levar polo ecoante e telúrico son deste milenario instrumento!

Audición da Aula de Zanfona. 
Martes 13 de xuño. 
20:00hs. 
Hemeroteca da EMAO. 
Entrada libre ata completar aforamento.

01 xuño 2017

CONCERTO FIN DE ESTUDOS. Merchi Pazos. Canto e percusións tradicionais. Venres 9 de xuño. 19:00hs. Auditorio Milladoiro. Entrada libre ata completar aforamento. (100 persoas)

CONCERTO FIN DE ESTUDOS. 
Merchi Pazos. 
Canto e percusións tradicionais. 
Venres 9 de xuño. 
19:00hs. 
Auditorio Milladoiro. 
Entrada libre ata completar aforamento. (100 persoas)

EXTRAESCOLARES ETRAD. Concerto de Conxunto 5. #DíESE#. Mércores 7 de xuño. 20:30hs. Patio da escola. Entrada libre ata completar aforamento.

Concerto de Conxunto 5. #DíESE#

Despois de moitos de traballo compoñendo e arranxando temas e facendo diversos concertos, @s alumn@s de conxunto 5 da ETRAD, que se deron en chamar #DíESE#, darán o seu derradeiro concerto do curso, dando así por rematada tamén a asignatura. Vinde a disfrutar da súa música e aplaudir os seus esforzos!

QUEN É DÍESE: somos un grupo constituído por alumnos da asignatura de conxunto instrumental da ETRAD (Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo), na que poñemos en practica os coñecementos adquiridos nas diferentes aulas que se imparten na escola, tanto teóricas como propias de cada instrumento, para logo converterse nun grupo musical cun repertorio creado ao longo de dous anos.
Comenta DÍESE.. "Neste conxunto pretendemos adaptar temas da nosa tradición musical a un estilo folk na que interveñen diferentes instrumentos apadriñados pola nosa cultura ao longo do tempo; dándolle un caracter moi singular tanto musical como interpretativo, xa que todos os  compoñentes vimos de diferentes estilos musicáis."
DÍESE somos:
-Juan Carlos Crespo Crespo : Requinta
-Beatriz Rodríguez : Requinta
-Alba Faro Barros : Voz e percusión
-Marcia Vasconez Pueyo : Voz e percusión
-María Jorge Bastos : Violín
-Roberto Mariño Cesar : Gaita
-Rubén Fernandez : Acordeón diatónico
-Sara Malvido Hermelo : Zanfona
-Salvador Pardo : Zanfona
-David Miguelez Silva : Arpa céltica
-Iago Boente García : Bouzouki
-Angel Alberto Oterino Dominguez : Guitarra acústica


Mércores 7 de xuño.
20:30hs.
Patio da escola.
Entrada libre ata completar aforamento.


EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego