Buscar neste blog

28 xuño 2018

Concertos de fin de estudos. Marina Carpente (violín), María Jorge (violín) e Iago Boente (corda pulsada). Xoves 28 de xuño. 19h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Entrada libre ata completar aforamento

Os estudantes que completaron o curso de especialización escénica rematan os seus estudos na ETRAD cun concerto pensado e deseñado por cada un deles. Alba Faro (canto popular), Marina Carpente (violín), María Jorge (violín) e Iago Boente (corda pulsada).
Xoves 28 de xuño. 
19h.
Auditorio Municipal do Concello de Vigo.
Entrada libre ata completar aforamento (300)

26 xuño 2018

Concertos de fin de estudos. Bea Rodríguez (requinta), Elena Fernández (violín), Carlos Crespo (Requinta) e Roberto Mariño (gaita). Mércores 27 de xuño. 19h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Entrada libre ata completar aforamento.

Os estudantes  que completaron o curso de especialización escénica rematan os seus estudos na ETRAD cun concerto pensado e deseñado por cada un deles. Bea Rodríguez (requinta), Elena Fernández (violín), Carlos Crespo (requinta) e Roberto Mariño (gaita), 

Mércores 27 de xuño. 
19h.
Auditorio Municipal do Concello de Vigo.
Entrada libre ata completar aforamento (300)

21 xuño 2018

Día da Música 2018: Concerto da OFG SondeSeu. 22 de xuño de 2018. 21:00 horas. Praza Central da Cidade da Cultura. Entrada libre e de balde.

A Cidade da Cultura bota a andar a súa programación de verán festexando o Día da Música cun 'concerto-foliada' de SondeSeu Orquestra Folk de Galiciapara darlle a benvida ás longas noites do verán e a toda a programación estival, na que a música é o prato forte. A cita será o venres 22 de xuño na Praza Central do Gaiás, onde SondeSeu presentará o seu espectáculo Arraianos nun concerto con entrada libre e de balde, organizado pola Fundación Cidade da Cultura coa colaboración da Agadic.



SondeSeu presentará por primeira vez en Galicia o seu espectáculo Arraianos, unha explosión de forza e enerxía interpretativa sustentada na contundencia do son propio da agrupación que incorpora ademais a colaboración de tres dos artistas máis virtuosos da escena folk ibérica do momento. Vanesa Muela (Laguna de Duero) traerá ao Gaiás a voz e a percusión de Castela e León; Asturias estará representada polo gaiteiro Xuacu Amieva (Mazucu, Llanes); e de Portugal conteremos co multinstrumentista e productor Daniel Pereira (Braga). Estes artistas, raianos con Galicia, tocarán con SondeSeu que conta entre as súas filas a mestres da música tradicional como Rodrigo Romani, Begoña Riobó, Xisco Feijoo, Anxo Pintos, Xosé Liz, Xaquín Xesteira ou Alfonso Franco.
Arraianosilustra as influencias que de xeito recíproco alimentan a expresión da música popular nos imaxinarios límites xeográcos da cultura galega. Os mellores ritmos e melodías populares de Castela e León, Asturias e Portugal emerxen coa linguaxe orquestral de SondeSeu e convértense nunha auténtica festa da cultura da Península Ibérica que traspasa os límites e impón unha nova xeografía sonora onde nada é o que parece.
SondeSeu
SondeSeu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.
A formación nacía no ano 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios –hoxe E-Trad, Escola Municipal de Música Folk e Tradicional– de Vigo, experiencia singular que persegue a fusión entre formación especializada, práctica escénica e música en comunidade. Dende entón leva unha traxectoria ascendente que a proxecta no panorama español e internacional, con varias publicacións discográficas e numerosos recoñecementos públicos. Os seus concertos ao vivo son unha celebración da recuperación do patrimonio oral e a súa integración na modernidade urbana.


22 de xuño de 2018
21:00 horas
Praza Central da Cidade da Cultura
Organiza: 
Colabora: 

20 xuño 2018

EXTRAESCOLARES ETRAD 2017/18. Audición de Fin de Curso. Venres 22 de xuño de 2018. 19h. Auditorio do Concello de Vigo. Entrada libre ata completar aforamento.

E xa está aquí a derradeira audición do curso 2017/2018 que, como non, celebrarémolo con moita música e alegría por parte dos/as alumnos/as das diferentes especialidades instrumentais da ETRAD. Un curso máis e outro verán para descansar e voltar en outubro con enerxías renovadas. FESTA e PARABÉNS polo camiñado nestes meses!!!
 Venres 22 de xuño de 2018.
19h.
Auditorio do Concello de Vigo.
Entrada libre ata completar aforamento. 

12 xuño 2018

EXTRAESCOLARES ETRAD 2017/18. Audición da Aula de Zanfona. Martes 19 de xuño. 19:45. Hemeroteca da EMAO.


A aula de zanfona celebrará o vindeiro martes 19 de xuño unha audición na hemeroteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo, cun repertorio centrado na música popular galega e nunha escolma de temas franceses e do periodo barroco pensados para este milenario instrumento.

Martes 19 de xuño. 19:45. 
Hemeroteca da EMAO. 
Entrada libre e de balde ata completar aforamento. (90 persoas. 60 cadeiras)

03 xuño 2018

EXTRAESCOLARES ETRAD 2017/18. Concerto da Aula Aberta De Coro. Etradivarius. Acompañados dos mestres e máis compañeros músicos. Día 6 de xuño de 2018. 20:30h. Patio da escola. Entrada libre ata completar aforamento.

Trala boa acollida do concerto do ano pasado, os participantes da Aula aberta de Coro da ETRAD (Stradivarius), dirigidos por Xela Conde, deciden facer un pequeño concerto cunha selección das pezas que foron traballando neste curso. Un repertorio de cancións variadas de diferentes folclores (inda que cunha maioría de procedencia galega) con arranxos feitos para esta formación.
Para esta ocasión teñen a sorte de contar coa colaboración dos mestres da escola e máis amigos e alumn@s. 
Día 6 de xuño de 2018.
20:30h.
Patio da escola.
Entrada libre ata completar aforamento.

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego