O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
01 outubro 2018
Comeza o curso 2018-2019 na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo. Benvid@s!
Arrinca o ano escolar 2018/19 na ETRAD nas especialidades instrumentais de acordeón diatónico, arpa céltica, canto popular, corda pulsada, gaita, percusión, requinta, violín, zanfona e nas aulas abertas de instrumento. A dirección e o profesorado da escola queren darvos a benvida desexando que sexa un ano de proveito e alegría arredor do folk contemporáneo e da nosa música patrimonial.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario