A Banda de Zanfonas da ETRAD ofrecerá un concerto no CVC de Valadares dentro do ciclo A música tradicional Re-vista. Será o vindeiro domingo 15 de marzo desde as 18:45 nun serán partillado co cantautor Tino Vaz.
CONCERTO DA BANDA DE ZANFONAS DA ETRAD NO CVC DE VALADARES.
8º CICLO: A MÚSICA TRADICIONAL RE-VISTA.
08/03/20. DESDE AS 18:45.
ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO
ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO
Sobre a Banda de Zanfonas da ETRAD
A Banda de zanfonas da ETRADVIGO nace da experiencia pedagóxica da Aula de Zanfona da Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional, na que recibiron formación todos os seus integrantes. Grazas á súa continuidade, tomou forma dende dous invernos, unha comunidade de músicos que traballan na Aula Aberta de Zanfona, un repertorio que abrangue tanto temas do repertorio tradicional galego vocal e instrumental, como de melodías doutros folclores e estilos nos que a zanfona foi e segue a ser parte viva da tradición. Coordinada por Anxo Pintos, estes dous últimos anos esta formación ten ofrecido concertos dentro da programación cultural do Nadal en Vigo e da Feira Franca de Pontevedra, converténdose na formación estable co maior numero de zanfonistas do país.
Ningún comentario:
Publicar un comentario