Buscar neste blog

16 marzo 2020

Peche da ETRAD pola crise do coronavirus.

Por mor das circunstancias excepcionais relacionadas coa alerta sanitaria orixinada polo COVID19, dende a Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional. ETRAD, seguiranse as disposicións e medidas preventivas postas en marcha dende o Concello de Vigo e as autoridades competentes en materia sanitaria.

En consecuencia, as clases suspenderanse e os espazos da Escola quedarán pechados ata novo aviso.

Lamentamos as molestias que esta situación poida ocasionar, tendo moi presente que se trata dunha decisión guiada pola prudencia e pola responsabilidade individual e colectiva. Estamos a preparar contidos e xeitos de manter parte da actividade vía e-learning. En breve teredes novas sobre como manter a actividade e o contacto co voso mestre a través do correo-e.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego